![]() |
Mapa Conceptual |
Dende este blogue trataremos de reflexar como afecta o desemprego xuvenil, dentro do contexto español, ao ámbito rural galego; a través da experiencia dos concellos de Silleda e Ponteceso.
domingo, 24 de junio de 2012
Mapa conceptual do Blogue
Etiquetas:
Desemprego,
Galicia,
Mapa conceptual,
rural
jueves, 7 de junio de 2012
Afloran as primeiras conclusións do proxecto de investigación
Logo de 3 meses de exploración no sobrecolledor mundo do desemprego xuvenil empezan a aflorar as primeiras conclusións da nosa investigación.
Observamos pois que o problema é máis grave do que se pensa, aínda que neste contexto de crise parece que as autoridades están sumerxidas nunha voráxine de recortes e axustes dentro do sector público. Esquecendo que as xeracións máis novas son o futuro dun país e débese apostar por elas.
Sen embargo, estamos vivindo emigración de novo, altas taxas de desemprego, envellecemento acelerado.
Non hai máis que ver os xornais de Galicia todos os días, recordándonos que a comunidade galega se precipita a marchas forzadas cara a sangría demográfica. Mesmamente hoxe saia na prensa que Lugo e Ourense encabezan as rexións mundiais máis avellentadas do mundo. Estas estadísticas, xunto coa de paro xuvenil, non son estadísticas das que un país poida estar orgulloso.
[ Ourense y Lugo tienen, con Japón, el mayor envejecimiento mundial ]
Pois ben, concretamos coa nosa investigación que malia que as perspectivas de futuro sexan bastante incertas e negativas observamos que existen emprendedores e políticos que dende o rural apostan por crear un mañá novidoso e creador de riqueza.
Pero faltan os incentivos dende quen máis poder ten, as empresas e as autoridades autonómicas, estatais e europeas. Carecemos tamén dun compromiso da sociedade en xeral por saír da depresión. Escasean os intereses da banca por financiar proxectos...
E mirade por onde, aínda así, hai xente nova que reúne as forzas suficientes para saír adiante.
Estamos logo ante os gromos dunha nova sociedade que soterrará os piares do capitalismo feroz que nos afoga?
Pode ser que sexa moi precipitado ratificar estas afirmacións pero se a xuventude emprende a sociedade aprende.
Etiquetas:
2012,
conclusións,
Entrevista,
Silleda
martes, 5 de junio de 2012
Entrevista con emprendedores novos no rural (II)
Na segunda das
entrevistas trataremos cunha rapaza silledense que con tan só 21 anos dirixe a
súa propia empresa dentro do mundo equino.
A súa visión e a
anterior entrevista apórtannos unha visión esperanzadora dentro do futuro do
rural. Como ben deixan reflexado con ganas, esforzo e moito traballo non hai
nada imposible nesta vida, e tampouco para a mocidade dentro do noso campo de
traballo.
Martiño.: Como pinta
para ti o tema do desemprego xuvenil en áreas rurais como a de Silleda?
Mónica.: Pois o desemprego marcha ben, segue a subir
e a gañar puntos, ninguén aposta pola xente nova. Dá igual os estudos, a
experiencia … Se te queren é para traballar sen contrato ou cun soldo ínfimo e
ridículo e porque a maioría dos empresarios saben que non ten vas queixar.
M.: Como te decidiches
a montar unha empresa en Silleda? En que consiste?
Mó.: A iniciativa foi máis ben do meu irmán maior, xa que el tivo a idea.
Plantexouma e a decisión foi sinxela, se hai que traballar e pode ser en algo
no que che guste pois moito mellor. Na empresa realizamos actividades diversas relacionadas
co mundo do cabalo. Damos clases de equitación para todas as idades, preparamos
cabalos para concursos en toda España (Galicia, Estremadura …), temos pupilaxe,
desbrave de poldros…
M.: Cando empezaches co
proxecto empresarial?
Mó.: A empresa botou a andar en novembro de 2011,
cando eu rematei os meus estudos.
M.:Cales son as
perspectivas de futuro ?
Mó.: Acabando de comezar non nos podemos queixar,
hai que ser ambiciosos e mellorar día a día. De momento a empresa marcha ben.
As perspectivas de futuro son relativas, ten algún negocio futuro agora? De
seguirmos así vese difícil. Pero somos positivos e cremos que a crise arreciará
e irá mellorando e albisco con optimismo un bo futuro.
M.: Cres que o rural
galego, e en concreto o silledense, ten futuro?
Mó.: Hai diversos sectores que cambiar, pero con
traballo e constancia creo que todo mellorará, é necesario abrir os ollos e
loitar polo noso, non podemos deixar que por culpa de catro especuladores se
veña todo abaixo.
M.: Ves o teu futuro no
rural de Silleda?
Mó.: Espero que si, polo menos é o que me
gustaría, encántame o que fago. Sería unha marabilla seguir nisto, pero hai
moito que traballar para que un próspero futuro non sexa só unha ilusión, senón
que sexa toda unha realidade.
M.: Aporta o teu
consello para aquel lector mozo que estea a ler a túa entrevista.
Mó.: O importante é que fagan o que fagan se
esforcen. Non deixarse enganar, que por ser novos non temos que estar
asoballados e sometidos a soldos e postos de traballo miserables. É preciso que
nos dean oportunidades para demostrar que nós valemos e somos capaces e
eficaces de levantar a sociedade.
Martiño Novo: Moitísimas
Grazas.
Silleda, 2 de xuño de
2012.
Entrevista con emprendedores novos no rural (I)
Logo de saber que
opinan as autoridades sobre o desemprego xuvenil no rural e falar tamén con
unha traballadora xove pasaremos a observar que opinan os emprendedores xuvenís
do ámbito non urbano.
Falaremos con un emprendedor
do sector da hostalaría e cunha rapaza con iniciativa no mundo equino, dicir que
ningún dos dous supera os 22 anos.
En primeiro lugar,
Óscar, que levou a cabo xunto cun socio un proxecto dentro do ámbito
hostaleiro.
Martiño : Como observas
a situación actual en canto a desemprego xuvenil no rural se refire?
Óscar: Cada vez séntese máis, a xente xa case non
sae das súas casas. Observo que a xuventude tampouco fai demasiado por
traballar (a maioría), hai aínda algúns nichos laborais no rural que se pode
cubrir con man de obra xuvenil.
M.: Cres que a
situación en canto ó desemprego é mellor ou peor dentro da comarca que ou
contexto galego?
O.: Opino que en xeral a crise en Galicia chegou
máis tarde e tampouco somos un país rico, aínda así somos conscientes de que
agora se está a notar de verdade en todo o territorio. Tampouco sería raro que
tardásemos máis tempo en saír da recesión.
Martiño.: Cóntanos,
como emprendedor que es, a modo de resume o teu proxecto.
O.: Comecei traballando de Dj nun local de copas
ata que o antigo dono decidiu traspasalo. Coa axuda dun socio e investindo os
cartos que gañara traballando de camareiro e coa beca de estudos,
afortunadamente todo saíu a pedir de boca.
Tras ver que funcionaba ben o primeiro proxecto,
decidimos abrir nunha zona rural como é Santa Comba. A idea principal é
seguirmos avanzando, montamos unha brigada de camareiros, unha empresa adicada
á organización de vodas. Agora mesmo queremos dar o salto a un gastro-bar con
coctalaría.
M.: En que ano te
embarcaches nesta aventura empresarial?
O.: En plena auxe da crise, no ano 2010.
M.: Cantos empregados
xeran as vosas empresas?
O.: En total son 32 empregos directos e de forma indirecta ata 40 persoas.
M.: Cres que o rural
galego ten futuro?
O.: Creo que o rural ten posibilidades, por unha
banda, pode haber moito futuro, é onde menos aperta a crise. Indiferentemente
no ámbito rural sempre hai traballo, pero para o meu parecer hai moi pouca
xente con ganas de poñer isto en valor. Aparte, un piar básico como é o sector
primario está violentamente sometido a continuos atropelos das industrias.
M.: Tes pensado seguir
coa túa actividade en zonas rurais ou aspiras a medrar fóra deste ámbito?
O.: Gústame o rural e
as vilas pequenas, a xente destas áreas
sempre responde moi ben. A diferenza radica en que nas zonas urbanas hai
unha competencia feroz e non sabes se vas ter bo recibimento.
M.: Dáme un consello
para a xuventude no que a mercado laboral se refire?
O.: O traballo moitas veces non debe ir por
gusto, senón por necesidade de medrar como persoa. O capital ao mesmo tempo non
debe ser derrochado, é preciso aforrar e investir en boas aspiracións.
Martiño: Moitísimas grazas.
Silleda, 3 de xuño de 2012
Silleda, 3 de xuño de 2012
Etiquetas:
2010,
2011,
2012,
emprendedor,
equino,
hostalaría,
rural,
Silleda,
xuvenil
viernes, 1 de junio de 2012
Entrevista con Paula Fernández Pena, alcaldesa de Silleda
Logo de entrevistar a unha moza que conseguiu un posto de traballo grazas á labor mediadora do Concello de Silleda, decidimos contactar coa máxima representante do municipio, a alcaldesa Paula Fernández Pena que nos ofreceu a súa visión sobre o tema central deste blogue; o desemprego xuvenil no rural.
Nun bloque de dez cuestión brindounos a posibilidade de ver como afronta a entidade local este profundo drama laboral.
Martiño. - Como observa vostede a situación actual en canto a desemprego xuvenil se refire en Silleda ?
Paula. - Dende o ano 2009 ata agora radicalizouse o tema do paro. Moita xente acode ao Concello desesperada a nivel laboral. Moitas parellas novas de orixes rurais e asentadas nos núcleos de Silleda e Bandeira, antes empregadas no textil e na construcción, caeron de cheo no desemprego. Co conseguinte revés socioeconómico que esto supón. Quedou bastante evidenciado o nivel altísimo de xente nova que acode a nós.
M. - A situación de desemprego, en Silleda, considera que é mellor ou peor que no contexto comarcal? E dentro do contexto galego?
P. - Tirando dos datos do INEM non é un bo dato. O desemprego en Silleda segue subindo, coñecendo 586 persoas dentro da Bolsa de Emprego. Aínda así, engadir que existe moito traballo sumerxido, coñecendo moitos casos que manteñen o subsidio de desemprego xunto co traballo sumerxido. Calquera cifra non é nada fiábel. Opino que se en realidade houbese 5 millóns de parados teríamos unha auténtica revolución social.
M. - Teño entrevistado a unha rapaza, a cal conseguiu traballo nunha empresa silledense grazas á mediación do concello, en que consiste este plan?
P. - En vista de que había elevadas cifras de paro e que os concellos non teñen capacidade para xerar emprego ocorriusenos a idea dunha bolsa de Emprego municipal. O empresario escolle o perfil entre os CV que o concello recolle e selecciona. O INEM non funciona desta forma, pois co plan do concello o empresario fai unha preselección. O que se consegue e que o empresariado teña no concello un conxunto de currículums pulidos.
M. - Cales foron os resultados da Bolsa Silleda Emprega ? Segue a funcionar na actualidade ?
P. - Segue a funcionar. Para o concello é unha prioridade. Dende outubro de 2011 mobilizou 263 persoas. Das cales 121 se deron de baixa na bolsa de emprego, 7 por cambio de residencia, 1 por estudos, 75 conseguiron un posto de traballo grazas ao concello e asemade 142 participaron en cursos de formación ofertados dende diferentes departamentos do concello. Actualmente hai máis de 300 persoas inscritas neste servizo.
M. - Que medidas ten en mente vostede como alcaldesa, representante do poder público local, para fomentar o emprego?
P. - Ademais da Bolsa Silleda Emprega temos nun segundo lugar o Plan Aurora, traballamos cunha selección de mulleres novas de perfil académico baixo para mellorar a súa formación, asinando tamén convenios con empresas (Unha peleteira, unha empresa de alimentación e unha residencia da 3ª idade). Rematada a formación fan 10 días de práticas e a empresa comprométese co concello. De feito deste plan saíron 6 mulleres de entre 18 e 40 anos con emprego.
M. - Apoian a Xunta e a Deputación aos concellos na loita contra o desemprego en xeral, e o paro xuvenil en concreto? E o goberno de Mariano Rajoy?
P. - No período 2007 - 2009, antes da moción de censura, controlamos 2 programas experimentais de emprego. O empresariado buscaba xente formada polo programa en colaboración coa Xunta. Obtivemos un 40% de inserción. En 2008 a Xunta pon en marcha xunto co concello un obradoiro de emprego de carpintería, cantería e xardinería que mobiliza a 40 persoas. A xunta financiaba salarios e a obra completa. A Xunta tamén aprobou plans para que o concello contrate traballadores para a entidade. A deputación tamén tiña plans de cooperación onde o persoal xa viña seleccionado. A día de hoxe as administracións non colaboran dado á precaria situación económica. Dicir que o único concello da comarca que non está en mans do PP é o único que ten fondos este ano dentro dos Presupostos Xerais do Estado. O Goberno obrigou a facer un plan de axuste para reducir gastos, coa conseguinte subida de taxas, redución de persoal ... para solventar a débeda que o concello de Silleda foi acumulando ata 2007.
M. - Cre vostede que o rural, e en concreto Silleda, ofrece posibilidades á mocidade?
P. - Eu creo que durante anos se promocionou o abandono do rural e realmente agora a xente nova empeza a vislumbrar que o campo ten futuro. Volver de novo ás orixes. Se o rapaz se forma e volve ao rural, que teña posibilidades. Agora no caso de Silleda por exemplo, os novos emprendedores agrarios, é un bo síntoma de que os mozos cren no rural e se agrupan no rural.
M. - No caso de Silleda cíteme se é posible unha debilidade, unha ameaza, unha fortaleza e unha oportunidade.
P. - Debilidade: O urbanismo, levamos moitos anos cun PXOM obsoleto (1981) que impide o crecemento socioeconómico.
Ameaza: O desemprego entre a xente máis nova podo provocar despoboamento.
Fortaleza: Recursos naturais e arquitectónicos que poden axudar a dinamizar a nosa economía.
Oportunidade: A oportunidade que nos queda é a creación de empresas. O desenrolo dun centro empresarial que conecte Silleda con Galicia, a través da nosa privilexiada situación.
M. - De cara ao futuro a medio e longo prazo, mellorará a situación ou embarcarémonos nunha espiral de pobreza, emigración e desemprego?
P. - Silleda foi durante moito tempo unha potencia a nivel agrario. Cunha boa xestión social e económica todo pode saír arriba. Entendo que calquera economía está chamada a ter ciclos, deste vainos custar saír, hai que fundamentar a economía en novas formas, fuxindo do ladrillo.
M. - Que consello lle dá á xuventude silledense no que a temas laborais se refire?
P. - Neste momento tan difícil hai que buscar alternativas de emprego que non sexan os habituais, por exemplo tirar cara o sector agrogandeiro. De calquera xeito a formación é imprescindible.
M. - Moitas grazas por todo.
Martiño Novo, 1 de xuño de 2012.
Etiquetas:
2012,
alcaldesa,
Desemprego,
Entrevista,
paro,
rural,
Silleda,
xuño,
xuventude
martes, 1 de mayo de 2012
Resumo de propostas
![]() |
Evolución do paro xuvenil en España, Grecia, Portugal e na UE |
Os oficios en extinción, o turismo ou o sector primario son algunhas das formas que a nosa pesquisa achegou para combater o paro xuvenil no rural.
Iniciamos pois, unha segunda parte no noso blogue onde trataremos a través de entrevistas con empresarios e políticos, entre eles a alcaldesa de Silleda e a presidente dunha Asociación de Ponteceso, de seguirmos coñecendo a fondo o dilema do paro xuvenil. A través destas audiencias e encontros con persoeiros relevantes dos nosos concellos, sacararemos as conclusións precisas para seguirmos a nosa indagación.
De todos xeitos, calquera investigación que se precie, debe ter en conta calquera axente ou factor que inflúa na exploración do tema do desemprego xuvenil no rural.
Na sociedade actual expandiuse a idea dun rural asociado ao atraso e a un nivel sociocultural inferior ao da cidade. Partindo con estes valores como imos conseguir que o ámbito rural fixe capital? Como imos lograr que fixe poboación?
O rural non está morto. É hora de desterrar a crenza de que rural, agricultura e agonía son sinónimos. Vivirmos de costas ao campo é darlle a espalda á vida mesma. É preciso que calle a idea de que sen natureza, é dicir, sen rural, non somos nada. Sen o contacto coa terra, coa idiosincrasia e coa esencia da vida non seríamos mais que uns autómatas urbanitas condenados a coexistir coa polución do medio urbano.
![]() |
O futuro do rural está nos emprendedores |
Artigo de prensa de LVDG relacionado
viernes, 13 de abril de 2012
Volve o sector primario a crear emprego?
Paisaxe rural de Silleda |
O aumento das exportacións en materia agraria tamén contribúe a elevar as perspectivas.
Está a quedar patente que o sector primario despega actualmente e é capaz de xerar emprego estable.
É esta idea unha posibilidade de que os xóvenes volvan a explotar as terras que colonizaron os seus pais e avós? De que se desenrolen agroindustrias en áreas rurais?
No caso de Silleda contamos con A Rosaleira, unha conserveira galega de produtos vexetais con sede principal en O Rosal.
Unha inversión que pode permitir que a mocidade poida volver ao lugar onde naceu e quere seguir a vivir.
Para reforzar esta convicción, son numerosos os casos que recollo de xente nova que vaga por áreas rurais na procura dun posto de traballo no sector primario.
Pode estar no sector primario unha das chaves para desafiar á crise?
* Artigo de prensa relacionado
Martiño Novo
martes, 3 de abril de 2012
OFICIOS EN EXTINCIÓN
A situación de desemprego actual é ben coñecida por todos, pero qué pasou con todos eses oficios tradicionais que rexeitamos? Foi un erro haber deixado á marxe a aprendizaxe dos oficios rurais que tantos anos lle dou de comer á nosa proxenie?
![]() |
Redeiras de Corme (Ponteceso). |
A maioría dos nosos compañeiros de instituto que abandonaron a ensinanza media dedicáronse aos empregos en auxe da época, especialmente á construcción. Parecía ser un negocio redondo, contrato de aprendiz e mil euros "para á saca" cada mes. Eu, con 16 anos traballaba como camareira "por catro pesos" ao tempo que estudaba; a regañadentes víaos con motos, cartiños frescos na carteira, coches de alta gama que ata entón só vía pasearse neles aos cuarentóns...Eran os "novos ricos". Todo o que tiña tintes urbanitas era máis tentador que todo o que atesourabamos no rural, inclusive os traballos. O que viñan sendo traballos artesáns de moitas xeneracións supoñen agora unha recreación artística e etnográfica de aqueles singulares esforzos. Por qué non foron nin son atractivos estes traballos para a xuventude? Estes oficios tradicionais vénse como vestixios do pasado e enfocámolos máis turismo que a un posto de traballo?
Canteiros de Poio, oleiros de Buño, ferreiros de Riotorto, palilleiras de Camariñas, fiandeiras de Zas, panadeiros de Cea, afiadores de Luintra, carboeiros de Castrelo do Val, arrieiros de Maside, campaneiros de Caldas, telleiros de O Rosal, seitureiras de Calvos, percebeiros de Corme, guarnicioneiros de Maceda, tecedoras de Parada, alabardeiros de Melide, Redeiras de todos os portos…
Moitos destes oficios son vitais para o desenvolvemento das actividades rurais, por exemplo, sen as redeiras , que fan do seu traballo unha arte, sería imposible levar a cabo ás tarefas da pesca. Parémonos a pensar en positivo, se a mocidade estivera interesada en aprender oficios tradicionais... Existen uns estudos ou un título que permita o acceso legal a estas profesións? A resposta na meirande parte dos casos é non. Sería oportuno aproveitar estes tempos de crise e altas taxas de paro para fomentar estes oficios? Sería un novo xacemento de emprego?
A traba máis grande destes oficios en extinción é que as xeneracións máis novas non recollen o testigo. Estes oficios fóronse transmitindo de pais a fillos, necesitan dun recoñecemento profesional para a súa conservación e pervivencia. Se a xente nova tomara o relevo...fixarían poboación en Ponteceso? Por ende, axudaría a frear o despoboamento rural?
O que está claro é que Ponteceso, Galicia é un pobo de tradicións que busca proxectarse no futuro, pero sen esquecerse das ensinanzas do pasado. Merécese dignificar estas profesións, que son, os oficios de moitas xentes que configuran a nosa paisaxe e que son moito máis que unha romántica postal para o turista.
Tania A.C.
Tania A.C.
O rural, a vía difícil.
Moza silledense adestrando cabalos |
Pero é verdade que o rural galego non está a pasar polo seu mellor momento, é verdade que falamos de despoboación; de que os mozos voan do rural á cidade en busca de oportunidades "mellores".
No rural, perdoen que llo diga, hai oportunidades, e que lle corten a fala a quen o nega, pois está a mentir. O caso e que a maioría da mocidade non ten o valor suficiente para traballar a terra, non se quere dignar a loitar co gando, non ten a forza necesaria para montar unha empresa alternativa. As oportunidades do rural hai que explotalas, traballalas e construílas. Está moi ben emigrar á cidade e ter todo á man e vivir cómodo traballando 8 horas diarias. Pero iso señores non é a óptima forma de vida. A mellor calidade de vida ofrécea o contexto, non as persoas que viven nel. O problema desta sociedade é o gran desprestixio que existe de cara o rural, como se o campo non tivese nada que ofrecernos, non nos puidese dar de comer, ou como se vivir en áreas rurais estivese mal visto. Se pasa isto preguntémonos o porque desta situación. Están os organismos públicos a favor de baleirar as nosas aldeas de mocidade para aforrar en servizos? Existe un complot?
Non fai falta ir moi lonxe para ver que as áreas rurais teñen a capacidade e os medios adecuados para afrontar a crise actual, ou senón porque se está a producir un retorno de mocidade ao campo?
Podo dar fe de que este movemento é real. Pode ser logo que as autoridades competentes e a sociedade nos eduquen para optar pola vía fácil e deixemos de lado o medio rural? Opinade.
Martiño Novo
miércoles, 21 de marzo de 2012
O turismo, saída viable ao desemprego xuvenil?
![]() |
Fervenza en Graba (Silleda) |
Hoxe en día vemos como as industrias teñen que pasar por épocas de desaxustes na produción, despidos, peches... Sen embargo, confírmase que o turismo é un dos poucos sectores que están a aguantar mellor a crise. E que tal se apostamos por proxectar unha visión turística dunha área rural como é a comarca do Deza, que recursos deste calibre ten de sobra, e nos deixamos de financiar empresas que teñen dubidoso futuro?
As Fervenzas do Toxa, o mosteiro de Carboeiro, a ruta do Románico, a ruta da Auga, as diferentes festas gastronómicas (Empanada, tortilla, lacón...), as fervenzas de Ponte, Férveda e Graba... Observamos que o concello conta con unha calidade e cantidade de recursos turísticos enviadiable e viable.
E que tal se competimos por desenrolar e crear un destino turístico que emprege aos nosos xoves, suficientemente formados e que se adaptan con rapidez aos novos nichos do mercado laboral?
Non sería unha gran idea apostar polo turismo como arma de combate do paro xuvenil silledense?
Web de Turismo no concello de Silleda
Martiño Novo.
lunes, 19 de marzo de 2012
Ponteceso
O paro xuvenil é un mal global. No mundo hai 75 millóns de xóvenes desempregados. A cifra aumentou en 4 millóns desde o 2007. A paisaxe é máis desoladora en España, a taxa de paro dos menores de 25 anos é do 48,56% unha cifra que dobla a media europea, que os últimos datos do Eurostat sitúan nun 22,3%, tamén moi por riba da mundial.
Concello costeiro: Ponteceso.Poboación.
Segundo o INE, na súa revisión do Padrón municipal do 2011, a poboación de Ponteceso sumaba 6.134 habitantes, bastante equiparado por sexos (só 8 homes máis ca mulleres). Isto non ocorre se en vez de por sexos segregámola poboación por idades, na que máis da metade dos efectivos teñen máis de 50 anos. O tramo de idade que imos a analizar, abrangue dende os 16 anos aos 30. O total de persoas entre estas idades suman 930, veñen a representar arredor do 15% da poboación total. Aquí achego a pirámide poboacional :
Concello costeiro: Ponteceso.Poboación.
Segundo o INE, na súa revisión do Padrón municipal do 2011, a poboación de Ponteceso sumaba 6.134 habitantes, bastante equiparado por sexos (só 8 homes máis ca mulleres). Isto non ocorre se en vez de por sexos segregámola poboación por idades, na que máis da metade dos efectivos teñen máis de 50 anos. O tramo de idade que imos a analizar, abrangue dende os 16 anos aos 30. O total de persoas entre estas idades suman 930, veñen a representar arredor do 15% da poboación total. Aquí achego a pirámide poboacional :
![]() |
Segundo o SEPE, en Febreiro do 2012, Ponteceso contaba cun total de 549 persoas en paro, 74 persoas máis ca no mesmo período no 2011. Destas 549 persoas, 315 son menores de 45 anos, se fiamos máis ao miúdo, 289 parados teñen entre 25 e 45 anos.
Aquí achego mediante un enlace externo o gráfico con datos do desemprego en Ponteceso, totais e por sectores (agricultura, construcción, industria, servicios e buscando su primer empleo): http://www.germes.com/cuentas-de-estado/espana/social/12627-datos-paro-2006-2011-del-ayuntamiento-ponteceso-a-coruna.html
A evolución do paro no concello é a seguinte:
O desemprego é unha constante en alza, que afecta con máis forza á poboación nova. ¿A qué é debido isto? ¿Son danos colaterais do emprego masivo de xente nova na construcción antes da crise? ¿Qué relación ten coa formación? Indagaremos nestas e outras cuestións nas próximas entradas.
Tania A.C |
Entrevista a unha moza silledense
![]() |
Polígono Área 33 de Silleda |
Entrevista
a unha moza de 21 anos de Silleda. A situación do mercado laboral.
1. Cóntanos Daiana, con que formación
contas?
Son técnica
superior en actividades comerciais.
2. Dende que remataches a túa
actividade formativa cantos traballos tiveches?
Ata o
momento só estivera un mes de camareira.
3. Canto tempo estiveches en total
desempregada?
Estiven en
paro durante un ano e 6 meses.
4. Agora mesmo, atópaste en paro ou
traballas?
Teño
traballo, pero estáseme a rematar
5. Como atopaches o emprego que tes
actualmente?
Durante as
eleccións municipais o partido político maioritario que goberna actualmente o
concello de Silleda (PSdeG en coalición con BNG) comprometeuse a crear unha
oficina onde os desempregados silledenses depositasen o seu currículum. Deste
xeito as empresas con sede en Silleda puidesen contar con esta xente para
traballar. Entreguei o meu currículum logo de pasar as eleccións, un par de
meses despois chamáronme dunha empresa para facerme unha entrevista, e comecei
a traballar nela.
6. Que tipo de contrato de traballo
firmaches?
Firmei un
contrato por obra e servizo, é dicir, cando remate o pedido no que me
empregaron botaranme á rúa. Levo traballando uns 6 meses.
7. Que soldo tes agora?
O soldo
basease na produción que fagamos, non teño un soldo base pois. Todo depende dos
pedidos, canto máis pedido, máis produción e máis soldo.
8. Véndote de novo no paro, que
perspectivas de futuro tes?
Pois seguir
buscando traballo durante un tempo determinado, aprox. 3 ou 4 meses e se non
aparece nada abandonar o país e saír a buscar sorte. Non creo que a cousa
mellore en 3 ou 4 meses, así que me vexo fóra de España.
9. En caso de emigrares, a que país te
irás, e porque?
Viaxarei a
Suíza probar sorte. No país helvético ten pinta de estar mellor a economía, non
vexo tanta explotación laboral coma en España e os salarios, non hai
comparación posible.
10. Cres que a situación de Silleda é
peor que noutros lugares ou mellor?
Penso que a
situación é igual ca en todos os concellos. Traballo hai, pero non hai cartos e
moita xente tampouco quere traballar.
11. Onde consideras ti que as condicións
laborais e a situación económica son mellores, nun concello rural ou nun
urbano?
No rural. No rural sempre hai traballo para todo o mundo. No rural pódeste
dedicar o que queiras, nunca hai falta de traballo; en cambio no urbano traballo
tamén hai bastante, pero tes moita mais dificultade para conseguir o que
realmente che apeteza ou o que é mellor. Hai persoas con máis estudos, mellor
preparadas, e sempre piden persoal con experiencia.
12. Que traballo
che gustaría realizar se o teu futuro laboral radicara no concello de Silleda?
Por suposto do que eu
estudei. Comercial estaría ben, aínda que non descartaría de montar o meu
propio negocio. Pero só o tempo dirá se iso pode ser posible.
Moitas grazas Daiana.
Silleda, Marzo de 2012.
Martiño Novo
Martiño Novo
Etiquetas:
Desemprego,
Entrevista,
España,
moza,
paro,
Silleda,
Suíza,
traballo
domingo, 18 de marzo de 2012
O Desemprego xuvenil nun concello rural do interior (Silleda)
![]() |
Casco urbano de Silleda |
En Xaneiro de 2012 dun total de 678 parados no concello, 73 eran menores de 25 anos. Un porcentaxe de algo máis do 10%. Sen embargo esta porcentaxe elévaríase ata cifras do 67% en menores de 44 anos.
En Febreiro de 2012 dun total de 717 parados no concello ( Un incremento de 39 persoas en relación ao mes anterior ), 74 eran menores de 25 anos. Se falamos de menores de 44 anos os parados serían o 68% do total.
En ámbolos 2 casos, o paro afecta máis aos homes que ás mulleres.
Martiño Novo
miércoles, 14 de marzo de 2012
Desemprego xuvenil, como atallalo?
![]() |
Desemprego total e xuvenil en diversos países do Mundo |
O desemprego xuvenil está a ser un dos problemas que mellor palpamos dentro da sociedade española. Segundo a Enquisa de Poboación Activa correspondente ao cuarto trimestre de 2011, a cifra de desempregados no país é de 5.273.600, cunha taxa de desemprego do 22,85% (Fonte da EPA Enquisa de Poboación Activa do INE). Desde 2009 España ten a máxima taxa de desemprego do primeiro mundo. Mentres, para o mesmo período, a taxa de desemprego xuvenil en España é do 48,61%.
Como se pode observar practicamente a metade da poboación xuvenil en España está parada.
Dende o novo blogue "Desemprego xuvenil no rural de Galicia" queremos tratar a fondo como afecta este problema dentro do noso ámbito.
E a que nos referimos cando falamos do noso ámbito? Pois queremos reflexar como afecta o paro aos xoves de dous concellos (Un costeiro e outro de interior), Ponteceso (6.134 habitantes) e Silleda (9.199 habitantes).
O noso método recollerá datos de empresas, enquisas, artigos de xornais, entrevistas a compañías e a parados. Así mesmo mostraremos como loitan os concellos contra o paro xuvenil e como se intenta atallar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)