viernes, 13 de abril de 2012

Volve o sector primario a crear emprego?

Paisaxe rural de Silleda
Diferentes medios e economistas sosteñen que a pesar da crise na que vivimos, o sector agrario e agroindustrial segue a crear emprego. Estes empregos son agora ocupados por persoas do sector servizos e construción; sectores que lideran a destrucción de emprego no noso país.
O aumento das exportacións en materia agraria tamén contribúe a elevar as perspectivas.
Está a quedar patente que o sector primario despega actualmente e é capaz de xerar emprego estable.
É esta idea unha posibilidade de que os xóvenes volvan a explotar as terras que colonizaron os seus pais e avós? De que se desenrolen agroindustrias en áreas rurais?
No caso de Silleda contamos con A Rosaleira, unha conserveira galega de produtos vexetais con sede principal en O Rosal.
Unha inversión que pode permitir que a mocidade poida volver ao lugar onde naceu e quere seguir a vivir.
Para reforzar esta convicción, son numerosos os casos que recollo de xente nova que vaga por áreas rurais na procura dun posto de traballo no sector primario.
Pode estar no sector primario unha das chaves para desafiar á crise?

* Artigo de prensa relacionado

Martiño Novo

3 comentarios:

  1. xa vivimos unha vez casi exclusivamente do sector primario, os tempos cambiaron, os recursos están ahi, non se moveron.O problema é que se non hai iniciativas e non se fomenta por parte do estado para este sector, acabará sendo unha agricultura familiar e unhas escasas explotacións que non poderán competir no mercado.

    ResponderEliminar
  2. Entón se o problema é o Estado,o que podemos facer é acabar cambialo, malo será que nonhaxa políticos compremetidos co rural. Para algo temos eleccións... Aínda que non se sabe se serven para moito.

    ResponderEliminar
  3. Penso que o sector primario pode ser unha alternativa para moitas persoas do rural e do urbano que sexan emprendedoras.
    Hai moitos exemplos nos ultimos anos de persoas que traballando no sector primario encontran unha saida ao desemprego.

    ResponderEliminar