jueves, 7 de junio de 2012

Afloran as primeiras conclusións do proxecto de investigación


Logo de 3 meses de exploración no sobrecolledor mundo do desemprego xuvenil empezan a aflorar as primeiras conclusións da nosa investigación.
Observamos pois que o problema é máis grave do que se pensa, aínda que neste contexto de crise parece que as autoridades están sumerxidas nunha voráxine de recortes e axustes dentro do sector público. Esquecendo que as xeracións máis novas son o futuro dun país e débese apostar por elas.
Sen embargo, estamos vivindo emigración de novo, altas taxas de desemprego, envellecemento acelerado.
Non hai máis que ver os xornais de Galicia todos os días, recordándonos que a comunidade galega se precipita a marchas forzadas cara a sangría demográfica. Mesmamente hoxe saia na prensa que Lugo e Ourense encabezan as rexións mundiais máis avellentadas do mundo. Estas estadísticas, xunto coa de paro xuvenil, non son estadísticas das que un país poida estar orgulloso.
[ Ourense y Lugo tienen, con Japón, el mayor envejecimiento mundial ]
Pois ben, concretamos coa nosa investigación que malia que as perspectivas de futuro sexan bastante incertas e negativas observamos que existen emprendedores e políticos que dende o rural apostan por crear un mañá novidoso e creador de riqueza.
Pero faltan os incentivos dende quen máis poder ten, as empresas e as autoridades autonómicas, estatais e europeas. Carecemos tamén dun compromiso da sociedade en xeral por saír da depresión. Escasean os intereses da banca por financiar proxectos...
E mirade por onde, aínda así, hai xente nova que reúne as forzas suficientes para saír adiante.
Estamos logo ante os gromos dunha nova sociedade que soterrará os piares do capitalismo feroz que nos afoga?
Pode ser que sexa moi precipitado ratificar estas afirmacións pero se a xuventude emprende a sociedade aprende.

No hay comentarios:

Publicar un comentario