martes, 3 de abril de 2012

OFICIOS EN EXTINCIÓN


A situación de desemprego actual é ben coñecida por todos, pero qué pasou con todos eses oficios tradicionais que rexeitamos? Foi un erro haber deixado á marxe a aprendizaxe dos oficios rurais que tantos anos lle dou de comer á nosa proxenie? 


Redeiras de Corme (Ponteceso).


 A maioría dos nosos compañeiros de instituto que abandonaron a ensinanza media dedicáronse aos empregos  en auxe da época, especialmente á construcción. Parecía ser un negocio redondo, contrato de aprendiz e mil euros "para á saca" cada mes. Eu, con 16 anos traballaba como camareira "por catro pesos"  ao tempo que estudaba; a regañadentes víaos con motos, cartiños frescos na carteira, coches de alta gama que ata entón só vía pasearse neles aos cuarentóns...Eran os "novos ricos". Todo o que tiña tintes urbanitas era máis tentador que todo o que atesourabamos no rural, inclusive os traballos. O que viñan sendo traballos artesáns de moitas xeneracións supoñen agora unha recreación artística e etnográfica de aqueles singulares esforzos. Por qué non foron nin son atractivos estes traballos para a xuventude? Estes oficios  tradicionais vénse como vestixios do pasado e enfocámolos máis turismo que a un posto de traballo?


Canteiros de Poio, oleiros de Buño, ferreiros de Riotorto, palilleiras de Camariñas, fiandeiras de Zas, panadeiros de Cea, afiadores de Luintra, carboeiros de Castrelo do Val, arrieiros de Maside, campaneiros de Caldas, telleiros de O Rosal, seitureiras de Calvos, percebeiros de Corme,  guarnicioneiros de Maceda, tecedoras de Parada, alabardeiros de Melide, Redeiras de todos os portos…
Moitos destes oficios son vitais para o desenvolvemento das actividades rurais, por exemplo, sen as redeiras , que fan do seu traballo unha arte, sería imposible levar a cabo ás tarefas da pesca.  Parémonos a pensar en positivo, se a mocidade estivera interesada en aprender oficios tradicionais... Existen uns estudos ou un título que permita o acceso legal a estas profesións? A resposta na meirande parte dos casos é non. Sería oportuno aproveitar estes tempos de crise e altas taxas de paro para fomentar estes oficios? Sería un novo xacemento de emprego? 

En Ponteceso,os obradoiros de emprego  que se ofertan por parte do concello  soen ter fins sociais tales como a restauración de bens públicos, xardinería, etc. Os participantes non soen colocarse nestes empregos, cando o obradoiro remata volven a atoparse na situación que tiñan a priori, eso sí, cunha experiencia productiva ás costas. Teñen sentido estes obradoiros remunerados? Sería proveitoso usar estes fondos para a creación de escolas/obradoiros de oficios tradicionais? Tal e como está o mercado laboral, traballarías de oleiro/a, canteiro/a, redeir0/a, etc?  


A traba máis grande destes oficios en extinción é que as xeneracións máis novas non recollen o testigo. Estes oficios fóronse transmitindo de pais a fillos, necesitan dun recoñecemento profesional para a súa conservación e pervivencia. Se a xente nova tomara o relevo...fixarían poboación en Ponteceso? Por ende, axudaría a frear o despoboamento rural? 

O que está claro é que Ponteceso, Galicia é un pobo de tradicións que busca proxectarse no futuro, pero sen esquecerse das ensinanzas do pasado. Merécese dignificar estas profesións, que son, os oficios de moitas xentes que configuran a nosa paisaxe e que son moito máis que unha romántica postal para o turista.


Tania A.C.

4 comentarios:

  1. que os ayuntamientos destinen parte do seu preosuposto a obradoiros , na miña modesta opinion creo que e necesario,pero deberian cambiar o destino de eses obradoiros, dedicalos mais a postos de traballos mais accesibles non so xardiñeiros e pouco mais, deberian fomentar mais as tradiccions de antes que o final o que se busca e enseñar un oficio para a encontrar postos de traballos,creo que se esta perdendo a ensencia das tradiccion e pouca xente queda para enseñar esas tradiccion coma o ferreiro,as tecedoras etc. A xente e sobre todo a xuventude o que busca e un posto de traballo que sea ben remunerado aunque axa que desplazarse, hoxe en dia a crisis esta afectando a todos e por desgracia os traballos antigos desapareceran . noelia(carballo)

    ResponderEliminar
  2. A idea está moi clara, fai falla os incentivos adecuados. E neste contexto onde vivimos, mal vai a cousa. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Eu penso que a problemática é que desde hai décadas eses oficios relaciónanse socialmente co atraso, co rural e cun nivel de vida medio-baixo, co cal sempre houbo unha intención por parte da xuventude, e case sempre alentada polos pais desa xuventude, de tratar de evitar ese tipo de oficios; por outro lado, tende a verse o traballo na industria ou no comercio como de maior nivel e calidade de vida. O certo é que isto non ten por que ser así necesariamente, e tamén é certo que coas condicións necesarias os oficios tradicionais non tiñan por que significar atraso e miseria para os seus profesionais. Ás veces as tendencias e pensamentos sociais nublan ou falsean a realidade.

    ResponderEliminar
  4. Non creo que sexa novo a extinción de oficios,penso que é algo que ocurreu dende sempre,fose polo motivo q fose...Desaparecen uns e aparecen outros. Esta claro que os empregos máis afectados neste tema son os de ámbito rural e polo tanto Galicia vese máis afectada ca outros pobo pola gran tradición rural que sempre tuvemos,a día de hoxe os traballos que están en auxe son máis ben os relacionados coa tecnoloxía que seguramente,con casi total seguridade é o futuro ata no ámbito profesional.Hai q darse de conta que estamos nun mundo cada vez máis globalizado...

    ResponderEliminar