miércoles, 21 de marzo de 2012

O turismo, saída viable ao desemprego xuvenil?

Fervenza en Graba (Silleda)
E que pasaría se en vez de investir en desenrolar un tecido industrial en áreas rurais, que tanto sofren en procesos de crise como o que estamos, nos centráramos en crear unha zona de relevante interese turístico ?

Hoxe en día vemos como as industrias teñen que pasar por épocas de desaxustes na produción, despidos, peches... Sen embargo, confírmase que o turismo é un dos poucos sectores que están a aguantar mellor a crise. E que tal se apostamos por proxectar unha visión turística dunha área rural como é a comarca do Deza, que recursos deste calibre ten de sobra, e nos deixamos de financiar empresas que teñen dubidoso futuro?

As Fervenzas do Toxa, o mosteiro de Carboeiro, a ruta do Románico, a ruta da Auga, as diferentes festas gastronómicas (Empanada, tortilla, lacón...), as fervenzas de Ponte, Férveda e Graba... Observamos que o concello conta con unha calidade e cantidade de recursos turísticos enviadiable e viable.

E que tal se competimos por desenrolar e crear un destino turístico que emprege aos nosos xoves, suficientemente formados e que se adaptan con rapidez aos novos nichos do mercado laboral?
Non sería unha gran idea apostar polo turismo como arma de combate do paro xuvenil silledense?

Web de Turismo no concello de Silleda

Martiño Novo.

4 comentarios:

  1. Como fonte de emprego é un movemento económico moi potente; Silleda e o rural galego teñen as capacidades de facer del un motor.

    ResponderEliminar
  2. Mexan por nós e temos que dicir que chove, ista é a realidade que nos toca vivir meus amigos.

    ResponderEliminar
  3. Xorden mil e unha ideas, e tedes razón como que pode ser un motor cara a unha economía sen tanta traba, pero fan falla os medios precisos para levar a cabo ditas ideas.

    ResponderEliminar
  4. llegará un momento en que la sociedad de nuestra región se dé cuenta de que nuestro valor turístico potencial puede ser un polo económico potente, en el caso de la comarca del Deza aún queda mucho camino por andar; mientras tanto nos quieren arruinar con la central incineradora de O Irixo, incendios, rías contaminadas... En fin,una pena.

    ResponderEliminar