martes, 1 de mayo de 2012

Resumo de propostas

Evolución do paro xuvenil en España, Grecia, Portugal e na UE
A medida que fomos avanzando na nosa investigación empezamos a desvelar numerosas ideas e proxectos que serían excelentes para competir co desemprego xuvenil no campo. Un desemprego que supera xa o 52% en España e achégase ao 42% en Galicia.
Os oficios en extinción, o turismo ou o sector primario son algunhas das formas que a nosa pesquisa achegou para combater o paro xuvenil no rural.
Iniciamos pois, unha segunda parte no noso blogue onde trataremos a través de entrevistas con empresarios e políticos, entre eles a alcaldesa de Silleda e a presidente dunha Asociación de Ponteceso, de seguirmos coñecendo a fondo o dilema do paro xuvenil. A través destas audiencias e encontros con persoeiros relevantes dos nosos concellos, sacararemos as conclusións precisas para seguirmos a nosa indagación.

De todos xeitos, calquera investigación que se precie, debe ter en conta calquera axente ou factor que inflúa na exploración do tema do desemprego xuvenil no rural.
Na sociedade actual expandiuse a idea dun rural asociado ao atraso e a un nivel sociocultural inferior ao da cidade. Partindo con estes valores como imos conseguir que o ámbito rural fixe capital? Como imos lograr que fixe poboación?
O rural non está morto. É hora de desterrar a crenza de que rural, agricultura e agonía son sinónimos. Vivirmos de costas ao campo é darlle a espalda á vida mesma. É preciso que calle a idea de que sen natureza, é dicir, sen rural, non somos nada. Sen o contacto coa terra, coa idiosincrasia e coa esencia da vida non seríamos mais que uns autómatas urbanitas condenados a coexistir coa polución do medio urbano.

O futuro do rural está nos emprendedores



Artigo de prensa de LVDG relacionado

2 comentarios:

  1. Primeiro de todo felicitarvos por esta entrada, que me gustou moito.
    Está claro que esa imaxe do rural debe cambiar, pero está tan inserta na sociedade que incluso nos medios de comunicación enfocan o rural como sinónimo de atraso, cando é obvio que é o rural o que aporta as cidades o que máis precisan as persoas por enriba de todo, a alimentación.
    E por riba, o rural ofrece novas posibilidades que se valoran máis que nunca na actualidade, como é o contacto coa natureza, o turismo e a desconexión da agónica vida nas cidades.
    O desemprego xuvenil é difícil de combater, pero de seguro que a vida para un "parado" no campo podería ser mellor que nas cidades. Anímovos coa investigación desas ideas que podan axudar a solventar o desemprego nas áreas rurais.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Jorge, de calquera xeito a loita contra calquera fenómeno de desemprego, tanto en ámbito rural como en urbano, comeza pola educación en valores e solidaridade de cada un dos individuos desta sociedade. Fomentar a ética e a moral é a chave para unha sociedade nova, lonxe da podre que nos están a deixar os mercados e os ricos sen escrúpulos.

    Martiño e Tania

    ResponderEliminar