 |
Polígono Área 33 de Silleda |
Entrevista
a unha moza de 21 anos de Silleda. A situación do mercado laboral.
1. Cóntanos Daiana, con que formación
contas?
Son técnica
superior en actividades comerciais.
2. Dende que remataches a túa
actividade formativa cantos traballos tiveches?
Ata o
momento só estivera un mes de camareira.
3. Canto tempo estiveches en total
desempregada?
Estiven en
paro durante un ano e 6 meses.
4. Agora mesmo, atópaste en paro ou
traballas?
Teño
traballo, pero estáseme a rematar
5. Como atopaches o emprego que tes
actualmente?
Durante as
eleccións municipais o partido político maioritario que goberna actualmente o
concello de Silleda (PSdeG en coalición con BNG) comprometeuse a crear unha
oficina onde os desempregados silledenses depositasen o seu currículum. Deste
xeito as empresas con sede en Silleda puidesen contar con esta xente para
traballar. Entreguei o meu currículum logo de pasar as eleccións, un par de
meses despois chamáronme dunha empresa para facerme unha entrevista, e comecei
a traballar nela.
6. Que tipo de contrato de traballo
firmaches?
Firmei un
contrato por obra e servizo, é dicir, cando remate o pedido no que me
empregaron botaranme á rúa. Levo traballando uns 6 meses.
7. Que soldo tes agora?
O soldo
basease na produción que fagamos, non teño un soldo base pois. Todo depende dos
pedidos, canto máis pedido, máis produción e máis soldo.
8. Véndote de novo no paro, que
perspectivas de futuro tes?
Pois seguir
buscando traballo durante un tempo determinado, aprox. 3 ou 4 meses e se non
aparece nada abandonar o país e saír a buscar sorte. Non creo que a cousa
mellore en 3 ou 4 meses, así que me vexo fóra de España.
9. En caso de emigrares, a que país te
irás, e porque?
Viaxarei a
Suíza probar sorte. No país helvético ten pinta de estar mellor a economía, non
vexo tanta explotación laboral coma en España e os salarios, non hai
comparación posible.
10. Cres que a situación de Silleda é
peor que noutros lugares ou mellor?
Penso que a
situación é igual ca en todos os concellos. Traballo hai, pero non hai cartos e
moita xente tampouco quere traballar.
11. Onde consideras ti que as condicións
laborais e a situación económica son mellores, nun concello rural ou nun
urbano?
No rural. No rural sempre hai traballo para todo o mundo. No rural pódeste
dedicar o que queiras, nunca hai falta de traballo; en cambio no urbano traballo
tamén hai bastante, pero tes moita mais dificultade para conseguir o que
realmente che apeteza ou o que é mellor. Hai persoas con máis estudos, mellor
preparadas, e sempre piden persoal con experiencia.
12. Que traballo
che gustaría realizar se o teu futuro laboral radicara no concello de Silleda?
Por suposto do que eu
estudei. Comercial estaría ben, aínda que non descartaría de montar o meu
propio negocio. Pero só o tempo dirá se iso pode ser posible.
Moitas grazas Daiana.
Silleda, Marzo de 2012.
Martiño Novo